Identifíquese o regístrese
Atención al cliente:   986 861 776
C/ José Millán, 4 bajo - 36001 Pontevedra

BOLETINES

¿Quiere recibir nuestras novedades en su email?

 Acepto la política de privacidad


Noticias


27/08/2014

A Diputación de Pontevedra promove actividades artísticas para nenos con discapacidade

A deputada Marta Iglesias reuniuse cos responsables da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA) e da Fundación Igual Arte para asinar cadanseu convenio que lles permitirá a estas entidades sacar adiante os seus proxectos formativos.

No caso de AFAGA a Deputación destina 15.000 euros ó programa Plataforma Online, co que se pretende promover a formación sobre a enfermidade de Alzheimer a través de varios cursos que se imparten en liña.

Os cursos que se van desenvolver son Introdución á Enfermidade de Alzheimer (20 horas); Comunicación e Intervención en Problemas de Comportamento na Enfermidade de Alzheimer (20 horas); Estimulación Cognitiva na Enfermidade de Alzheimer (30 horas); Aplicacións Prácticas de Fisioterapia en Alzheimer e noutras Demencias (20 horas); e Familia e Coidador Familiar con Persoas con Demencia (20 horas).

A arte como terapia e formación

No que respecta á Fundación Igual Arte recibirá 10.000 euros para o desenvolvemento do seu programa de actividades artísticas, co que se busca mellorar o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade a través de diferentes obradoiros de música, danza e artes plásticas.

Nesta liña, a formación artística proporciónalles ós participantes ferramentas de expresión e comunicación e xoga un importante papel na mellora da súa calidade de vida, tanto a nivel terapéutico coma de adquisición de coñecementos e dominio de diferentes expresións artísticas.

Apoio constante

No seu encontro con Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente de AFAGA, e María Cristina Lago Pérez, presidenta de Igual Arte, a deputada Marta Iglesias subliñou o importante labor social que desempeñan este tipo de entidades, que dan apoio a colectivos con necesidades especiais que nestes centros non só atopan servizos e asesoramento senón espazos de convivencia e intercambio de experiencias de moita utilidade no seu día a día.

Marta Iglesias incidiu en que as administracións teñen que estar sempre ó lado destas organizacións e que ese é o compromiso firme da Deputación, que mantén diversas liñas de axuda ás entidades de servizos sociais, tanto a través da convocatoria anual de axudas coma por medio de convenios ou iniciativas puntuais coma as orientadas a facilitarlles vehículos adaptados, entre outras.

Así, ademais da axuda para o financiamento da Plataforma Online, AFAGA contou tamén neste ano con outra achega de 2.000 euros para un proxecto de mellora do estado físico-psíquico dos enfermos de Alzheimer, e Igual Arte suma ós 10.000 euros que obterá ó abeiro do convenio asinado hoxe, outros 4.000 euros para un proxecto artístico da Área de Expresión Plástica e 611 euros para a adquisición de instrumentos musicais.