Identifíquese o regístrese
Atención al cliente:   986 861 776
C/ José Millán, 4 bajo - 36001 Pontevedra

BOLETINES

¿Quiere recibir nuestras novedades en su email?

 Acepto la política de privacidad


Noticias


10/04/2015

O CHOP realizou dez trasplantes de medula ósea en Pontevedra durante 2014

O número de trasplantes de medula ósea (proxenitores hematopoéticos) efectuados en

Galicia no ano 2014 ascendeu a 197, o que constitúe un récord histórico nesta actividade

asistencial no Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Destes, 10 realizáronse no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

En concreto, do total de trasplantes realizados en toda a comunidade autónoma, 184 foron a adultos, cunha idade media de 50 anos; mentres que os infantís foron 13, cunha idade media de 9 anos, precisou a Consellería de Sanidade nun comunicado.

O departamento que dirixe Rocío Mosquera informou de que o número de doazóns de medula ósea rexistradas en Galicia durante o pasado ano foi de 1.250, o que supuxo duplicar as cifras alcanzadas en 2013 (636).

Con todo, a taxa de doadores de medula ósea en Galicia sitúase por debaixo da media de España, polo que o Sergas incidiu na necesidade de facerse doador.

Para tal efecto, a consellería e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición dos galegos unha páxina web que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Tamén poden realizarse a través dos teléfonos 900 100 828 e 900 102 688.